• Capítulo 20

    Este é o derradeiro capítulo da novela Dominio, e, non, desta tampouco vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os dezanove capítulos anteriores; ou que os vaias escoitar, neste caso, recomendo, tamén, descargar a novela, de balde, por se houbese a remota remotísima posiblidade de perderese: https://www.bubok.es/libros/8313/Dominio-Lendas-de-paixon-dun-dominio-perdido-e-atopado-por-un-Afgano

    E20 - 23m - Feb 13, 2023
  • Capítulo 19

    A Lideresa do Sector_a, Hotspot e o Yeti avanzan polos laberínticos corredores do edificio de Juan Flórez 80 ate unha sala, de súpeto escoitan un ruído na parede. Sasser confésalle a Miss Comtred como soubo que Espís Trin aparecera pola empresa. Catwoman fálalle ó metrosexual Doutor Zyxel 660 da súa orixe e dille que ten unha irmá.


    E19 - 24m - Feb 6, 2023
  • Capítulo 18

    O Malvado malvadísmo Doutor TCP/IP prepara, en solitario, o encontro perfecto con Cor, ó non darse reconciliado con Invisible, que aínda ten moi presente a xogada do seu, noutrora. O Investigador e Catwoman chegan ó apartamento da estilosa Srta. New Look para atopar a Juindon e Poppy perplexas ca reacción de Siga ó ver de novo ó despistado Doutor Zyxel 650.


    E18 - 25m - Jan 30, 2023
  • Capítulo 17

    Hotspot achégase cada vez máis á escaleira asasina e comeza a percibir "cousas", o detective supersegredo do CSI estaba estreitando o cerco sobre o Malvado malvadísimo TCP/IP, sen que este se decatase de nada porque seguía concentrado nas súas investigacións para conquistar a Cor e Miss Comtred e Mr Llollovic achéganse ó ático de Espís Trin para achar máis pistas sobre a súa desaparición. 


    E17 - 18m - Jan 23, 2023
  • Capítulo 16

    Por un lado profundizamos na vida máis persoal do Doutor TCP/IP, por outra a Lideresa do Sector_a (a nosa radical favorita) está en pleno rescate do tal Zilarte e de Hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) e por último, Pelusa, outro que tal baila, fai unha...

    E16 - 19m - Jan 16, 2023
  • Capítulo 15

    Por fin imos coñecer a escura motivación do malvado Doutor TCP/IP e, ademais, a Juindon, Poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), Anao (a nosa executiva agresiva favorita) e á estilosa Srta. Newlook case lles da un ataque cando lle escoitaron a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que lle pareciu oi-la voz de dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador super profesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro).

    E15 - 20m - Jan 9, 2023
  • Capítulo 14

    A lideresa do sector_a (a nosa radical favorita) diríxese ó enderezo que lle facilita Celia para rescatar a Crawford. Mentres o Investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) e Catwoman ían á carreira con Miss Comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con Adslpp o noso contacto en Beijing)e Mr. LLollovic cara o aeroporto de Alvedro.


    E14 - 22m - Jan 2, 2023
  • Capítulo 13

    Crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido)métese de cheo na investigación do caso da escaleira asasina sen decatarse de que Celia igual non sigue as súas instruccións. Ó tempo as nosas heroínas consiguen fuxir do Monstro das sete caras e Dinámico acaba, non se sabe como, dentro dun contenedor de Zara.

    E13 - 19m - Dec 26, 2022
  • Capítulo 12

    O investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) está a piques de vivir, neste episodio, case unha experiencia relixiosa ó descubir, por fin, quen é a misteriosa rubia do paso peonil, cando Crawford aparece, por fin, pola oficina.


    E12 - 19m - Dec 19, 2022
  • Capítulo 11

    As nosas heroínas non toman en serio ó Monstruo das sete caras pese a que Juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) lles insistía en que era supermegaperigosísisimo. Mentres, Dinámico, seguindo o proceso de investigación chega ó aeroporto de Alvedro para descubir que Mr. Llollovic está alí en lugar de dirixindo o seu imperio como lle encomendara.

    E11 - 18m - Dec 12, 2022
  • Capítulo 10

    Mariposa* (a nosa japiflauer favorita) está a piques de facer saltar a banca o casino das Vegas que dirixe Anao (a nosa executiva agresiva favorita) e teñen que fuxir de alí a fume de carozo antes de que a seguridade do local se lles bote enriba. Mentres o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) aguantaba, con paciencia infinita a piques de volverse finita, os lamentos do despistado Doutor Zyxel 650.


    E10 - 20m - Dec 5, 2022
  • Capítulo 9

    Clio (si, si, ese clio de: o famoso caso aquel do conflicto có grupo supostamente feminista radical do garito (antro) de timofónica o amigo de clio, este, este)queda con Dominio para "facilitarlle" unha información moi importante sobre o malvado Doutor TCP/IP, pero non é capaz de aparecer soa á cita porque se atopou có detective supersegredo do csi por casúalidade, claro.


    E9 - 20m - Nov 28, 2022
  • Capítulo 8

    Dinámico delega na súa man dereita Mr. Llollovic o seu mando do seu imperioBollicaoslain, para adicarse por uns días á investigación da desaparición de Mariposa* (a nosa japiflauer favorita e membra das Ánxeles de Charlitas), porque estaba moi preocupado porque se converteran, tras anos de coincidir nos campionatos de flallincaps, en... xa me entendedes e o Investigador non daba feito.


    E8 - 20m - Nov 21, 2022
  • Capítulo 7

    As Ánxeles de Charlitas (a Lideresa do sector_a (a nosa radical favorita), Mariposa* (a nosa japiflauer favorita)e Poppy (a nosa executiva de alto nivel)), a estilosa Señorita New Look e Juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo) poñen rumbo ás Vegas ca intención de pasar un día divertido e desconectar da vida estresante de salvadoras da humanidade.

    E7 - 18m - Nov 14, 2022
  • Capítulo 6

    O Investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) recibe a chamada dun Yeti alarmado ante a misteriosa desaparición da Lideresa do sector_a (a nosa radical favorita); mentres, Dominio pulsa con decisión o timbre da porta do piso do malvado Doutor TCP/IP.

    E7 - 20m - Nov 7, 2022
  • Capítulo 5

    Juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapanténporquellolovalgo) lembrará, despois dunha agradable conversa con Timofónica, que se distanciara del cando tivera que enfrontarse ó famoso Monstro das sete caras para intentar liberar ós escravos (cachimáns) que traballaban día e noite na mina que este tiña en Juan Flórez.

    E7 - 23m - Oct 31, 2022
  • Capítulo 4

    Mariposa* e a Lideresa do Sector_a (a nosa radical favorita) deciden unir forzas para tratar de descifrar o misterio da desaparición de Dominio, porque ADSLPP (o contacto do investigador en Beijing) chama ó Investigador para comunicarlle que o seu axudante, Fr, fora buscala ó hotel coma decote e non a atopara.

    E7 - 24m - Oct 24, 2022
  • Capítulo 3

    Dominio viaxa a Beijing para atoparse co contacto do Investigador, ADSLPP, a ver se lle bota unha man co das súas orixes. Ó mesmo tempo en Crawdford investigueixons, contratan unha nova axudanta Mariposa* (a nosa japiflauer favorita) porque Crawdford, que emigrara a unha illa do Caribe mentras non se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivir o seu amor libremente, aínda non volvera.

    E3 - 23m - Oct 17, 2022
  • Capítulo 2

    Dominio acude á antiga fábrica da Revoltosa no Polígono da Grela para intentar rescartar o despistado Doutor Zyxel 650 que estaba en mans do malvado Doutor TCP/IP. O rescate conclúe con éxito e ó chegar ó despacho, o Investigador (que era tan bo que todos dicían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non vou repetir semellante cousa) proponlle un novo caso.

    E2 - 24m - Oct 10, 2022
  • Capítulo 1

    Dominio é rescatada no último segundo dun destino fatal, traída á súa terra natal onde medrará tranquilamente e alcanzando a maioría de idade sinte a necesidade de buscar as súas raíces para comezar a súa vida adulta, para iso contactará cun investigador que é tan bo que todos din que é...

    E1 - 27m - Oct 7, 2022
Paused
Audio Player Image
Dominio
Loading...